Feeds:
Anotacións
Comentarios

Archive for the ‘doce’ Category

“chochooooo”

O pracer dun sorriso é superior ao sensíbel, a manifestación da ledicia da alma que se conmove polo ser carnal. Máis alá do sistema nervioso, pois descoñecido é o causal da excitación da serotonina. Un corpo sinte os elementos, os corpos e a esencia do posíbel, é dicir, o riso vén a ser o indicio do corpo [...]

Read Full Post »

física e química

Pequenas distancias magnifican o tremor dos corazóns, esgótase o ar entre nós. O rozamento dos corpos éncheos de ledicia que se propaga entre a poboación. Créase unha unidade indivisíbel de composto sentimental.
Problema: se un individuo rexeita un querer, neutralizará a reacción do amor elemental?

Read Full Post »

Gaia

Un traxecto arbolado, xunta o cauce caudaloso, insinuando a estación fértil. A beira traza curvas sinuosas percorridas pola fauna urbana en esparcemento desbordante.
Unha muller observa con ollos escintilantes o fluír da vida. Recostada, o campo florecido contorna a súa voluptuosidade.
Un fluxo luminoso e peregrino resulta en múltiples pontos de luz, olla extática. Ferve a patria [...]

Read Full Post »

areíñas

Esta noite xureille á lúa… para que non marchara. Acordou a noite. Mareas vivas conquistan a mañá e afundo na nenez de xeito que os pensamentos afogan a miña consciencia. Amo, coma quen pisa a area finiña, subtil e morna do temporal. Non sentira entón a treboada que abriu o veo escuro do esquezo. Non [...]

Read Full Post »