Esta vida non é dela
Nace incerta
Non me senta
É friaxe e opulencia
Esta vida pide outra vida
Molla cinsas
Poallada fina
Que soterra as plumaxes con ventisca
Ave viva tan salvaxe
As selvas non nacen
Son castelos onde os rapaces
Non nacen
Son sempre
A vida a chover no verde
Onde os males necen
Abre o sol en exceso o rubor das flores e resplandece
Ardeu no voo e [...]
Arquivo de Xullo, 2008
Posted in Uncategorized on Xullo 29, 2008 | Deixa un comentario »
Posted in Uncategorized on Xullo 28, 2008 | Deixa un comentario »
O meu namoro é moi lene
Se me alguén di quen quere
Desvestir de entre as xentes…
No encontro todos me perden
En danzas de a veces, xentes
En distancias andadas, xentes
Son supostas compañas
Ambición contentada
Camiñando coa mirada
Atraídos de a cada
Aceno de espello distancias
Tallarse a boneca distancias
Boneca boneca
O meu namoro é un achádego de amorodo nas ramaxes que senten o vento
Desvestir [...]
Posted in Uncategorized on Xullo 27, 2008 | Deixa un comentario »
Puiden voar nas augas dos teus ollos azuis
Dicirme chaves dos elementos que moven o meu peito
Das penurias suxas a ocultar o infernal desexo
A praia ateigada soubo de ti e ante min calada
O mar estirouse para amosar ao ceo o teu reflexo
Sería este erro de mirar as nubes na vez de sinalar o lugar a onde [...]
Posted in Uncategorized on Xullo 27, 2008 | Deixa un comentario »
O perdedor debe ser derrotado
Foi morto na gloria das terras divisas
Engadido á utopía das lendas fuxidas
Un anónimo a chamar ás ánimas perdidas
¿Diga?
Mais perguntan por si
Mellor non acudir ao encontro desa razón inexistente
Ben sei que dixeches vitoria
Santo sen confirmación
Acudídeme represores do Estado
Eu tamén o chorei
Cando lembro eses trazos de maio
O brillante son do irredento
Aquel lanzal [...]
Posted in Uncategorized on Xullo 24, 2008 | Deixa un comentario »
Se é posíbel o incríbel
A miña vida foi unha gran mentira
Un límite ás posibilidades
Non pode ser
Non o creo
Estou a vervos cousas vosas parecidas a un recordo
Aquilo estaba lonxe da verdade mais é agora unha intención veraz
Podo entre vós confundirme ou ben me fixestes na confusión
Cómpre un acto de maxia cando o real non é abondo [...]
Posted in Uncategorized on Xullo 23, 2008 | Deixa un comentario »
Se digo que é verdade
Os pensamentos escóndenseme
Resulto eu en interrogantes
Tantas cousas me suscitan incredulidade
Que unicamente decido deixarme
No palacio do estrano
É a casa do pecado
Eu unha nena desenraizada
Vexada no sexo
Apenas se comprende
Como o choro non acha o seu motivo
Que me abruma o desbordamento de simpatía
Cando só obteño a maldición dun propósito supersticioso
Os seus corpos promulgan escravitude
Din [...]
Posted in Uncategorized on Xullo 22, 2008 | Deixa un comentario »
Xorda á ambigüidade
Recollía os beizos cando miraban
Dual pois meus dous ollos
Lían benvidas e despedidas
No medio encollido un áspero latexo
Fendía a soa compaña
Pola noite soñei sen sons
Queda unha premonición
Estaba morta
A noite estaba morta
E a miña vida
Sen fala
Posted in Uncategorized on Xullo 21, 2008 | Deixa un comentario »
Ogallá tivese memoria vital
Ou vida
Para esta vitalidade
Identidade:
Posted in Uncategorized on Xullo 18, 2008 | Deixa un comentario »
Asentir un nome
Saber os anos que tes
Lembrar os anos
Ser un mesmo sen lugar a confusións
Seguridade na conducta
Pórlles caras aos ancestros
Recoñecer a papá e mamá entre a multitude
Saber a quen amar
Recoñecerte nas fotos
Bicarte no espello
Confirmación da amizade
Autosuficiencia afectiva
Que alguén que coñeces non te asuste
Indiferencia sen remorsos
Pensar en intereses
Consecuencia con certeza
Hermetismo empático
Non dubidar ao pedir un desexo
Pisar [...]
Ría cando os maiores choraban…
Posted in Uncategorized on Xullo 17, 2008 | Deixa un comentario »
Nun recuncho
empecei a pensar en crecer
escondida
acadei un estado
diferente ao que vía noutros nenos.
Sei que non os cheguei a coñecer
escollía neles o máis prezado
cousas bonitas
o amor que me daban.
Eu ignoraba
no meu cuarto escuro
o sentido da vida
alí o que vía
era existir
coma un reflexo
dos astros
moi arriba
fóra da casa
algo que se alcanza
co paso dos anos.
Teño esperado
moitas veces
a librarme do [...]