Feeds:
Anotacións
Comentarios

Arquivo de Maio, 2008

listen.php?v=08777de

Read Full Post »

Perdoádeme
pais da tebra que vos fixo
desertores dos campos en queima
semente da finitude
precursores da estentórea corrección dun bico
na fronte.
 
Morta a infancia.
 
Apareceu un fío de escuma
na besta
ao ardela a raiba.
Medei
o meu corpo corrupto
collédeo agora así, así…
 
As bestas ruxen.
Sublevación animal.
Nós, no adentro…
 
Amosádeme a min
filla do escuro enteiro
agonizante habelenza do odio
fuxidía propietaria dos soños
de nós.
 
Morta poesía.
 
A mente é teima.
Sublevación [...]

Read Full Post »

listen.php?v=ce3a6a7

Read Full Post »

A noite doe
volta para dicir
confusa
por riba
sentires
sen voz.
O corpo vaise
e aínda
o corazón vixía
non prendarse dun soño.

Read Full Post »

O imposíbel

Ao ninguén te soster, caes
e alí no baixo
nada
e ti así e todo
agárdala
e quérela ter, posuír
es ti esa posesión
a ti mesmo
teste e máis nada
porque non hai volta
pensas
nos adentros do profundo
a viveza non é túa
rexeita o indicio
de se elevar a vontade
tela
mais no adentro
caes en ti
sen fin
a espera.

Read Full Post »

 
Míraa papá
nacemento lento
é un golpe ao sustento
na oportunidade de escapar
o limbo das nenas rotas
borrou pébedas
fazulas
violentadas
déronme cal sonorosa
o alimento dos que non ven
é unha tunda
camiñar
a pé
o froito do solo
de sorpresa xermina
acabei por esmagalo de vez
decidiron facerme sofrer
busco respostas
ai mamá.

Read Full Post »

Te recordé equivocada
aquel viaje a una isla
no fue una despedida
la fechazón de tu espalda
fue la puerta de la ira
te llevaste la desidia
por un momento guardabas
la hermosa tez de tu cara
esa perfección cumplida
la elegancia requerida
te tornaste con calma
jamás aquella palabra
con vivencia contenida
podría ser descifrada
y desatar la esperanza
pues si bien al repetirla
con tan sólo escucharla
mi vergüenza liberada
en [...]

Read Full Post »

Te mato

Te he dicho que recojas
del suelo
tus muñecas
a mamá le duele la cabeza
respeta la imagen
no puedes
molestar a los vecinos
con tus gritos
ata tus zapatos
con lacitos
orejita y orejita
¿no oyes
que lo estás haciendo mal?
Ven conmigo

siempre conmigo
aprenderás a ser
mi cosita
porque en tu mundo pequeño
no ves
que yo te puedo
construír un sueño
feo
muy triste
sigue así
y ordena un poco
tus cachitos de corazón.

Read Full Post »

Quero dicir
palabras bonitas
sobor maldades.
***
Borro a noticia
que non me gusta
do xornal.
***
Vexo a pintura
sen proxección
suxar as mans.
***
Estilizo as formas
con mal calcada
caligrafía.
***
Agardo sempre
ningún final
para empezar.
***
Estudo as faces
que respectan
a miña paz.
***
Estou distante
direccional
a procurar.

Read Full Post »

Tan fácil
coma un suspiro
é caír
vencida.
Non sei nada
e mal me fai
esta inxuria
abandonada
soa en si mesma
de ningures
non pertence
a nada.
Aínda así
ninguén ninguén
repetirá aquel conto
que foi sabido
soterrado
sometido a negación.
É cobardía
o que move as penas
arde en festa
pagá
manifesta.
Non hai máis
nada máis a dicir
da fin da historia.
A superstición
achega as palabras
da confusión.

Read Full Post »

Artigos Antigos »