Feeds:
Anotacións
Comentarios

Arquivo de Outubro, 2007

SOBERBIA

Olla, agora semella que a moitedume tornou divisa, abrindo unha corredoira de fumes negros que abrazan as nubes posuíndoas. Os pardais caen do ceo e mistúranse coa ramaxe coma quen se envolve en auga de lameira, pois as árbores son todo cinza. A banda de xentío no patio esfumouse, decátaste? medo que nos teñen cecáis. Trata de non escorregar da [...]

Read Full Post »

Negar a peculiaridade dunha obra creativa é oprimir o sentir popular, pois en cada individuo podemos atopar os rasgos distintivos dun pobo, os seus sinais de identidade e as relacións do mesmo co entorno. O artista que crea ten unhas características concretas que o definen espacialmente. Un idioma ten personalidade, maniféstase nos xeitos do falante. [...]

Read Full Post »

:(

Resístome a atrapar a miña ilusión. Toda unha vida pesquisei ese instante que con tan só desexalo sospeito que nunca sucederá. Reprego os meus impulsos e agardo a hecatombe. Podería ser tan fácil, a palabra transparente (non abonda o ollar?). Igual é que vou morrendo ou que me queren morrer, eu déixome estar. E así, [...]

Read Full Post »

pálpebras

Levanteime con sono pispillando pola ventá o monte queimado. O zume de laranxa sóubome a raios, faltáballe a dozura que ha de ter a primeira mañá, mais non o saquei da boca en toda a xornada.
Entón voltei atrás, a ese momento feliz que tivera e que o paso da noite me quixera levar. Proxectábanse nas [...]

Read Full Post »