Un traxecto arbolado, xunta o cauce caudaloso, insinuando a estación fértil. A beira traza curvas sinuosas percorridas pola fauna urbana en esparcemento desbordante.
Unha muller observa con ollos escintilantes o fluír da vida. Recostada, o campo florecido contorna a súa voluptuosidade.
Un fluxo luminoso e peregrino resulta en múltiples pontos de luz, olla extática. Ferve a patria [...]
Arquivo de Xullo, 2007
Gaia
Posted in doce on Xullo 31, 2007 | Deixa un comentario »
o ser humano esconde vergonza baixo unha coraza de destrución
Posted in salgado on Xullo 30, 2007 | Deixa un comentario »
A violencia, máis alá do sofrimento, é o inicio da fin e, como tal, principio único do saber. Acabar nas armas, tal recurso vén a ser o conquerimento da destrución endóxena. Facer o interior, exterior, isto é a arte e, por tanto, a guerra é a arte do máis profundo.
fluídos
Posted in salgado on Xullo 28, 2007 | Deixa un comentario »
Las calles se derramaban caprichosas en torno a mis ojos huracanados. Silenciosa, sorbía el aire entrecortado a mi alrededor. Un húmedo espejo se alzaba ante mi semblante y decidí tocarlo con las manos, impregnadas del sudor negro que supuraban mis entrañas. Así entré en la catacumba definitiva que me arrojó a la fe en lo [...]
tempus fugit
Posted in salgado on Xullo 27, 2007 | Deixa un comentario »
Quero matar os recordos, sañudamente. Eles agárranse ao meu corpo, entuméceno. Con cautela, adentrareime no espazo que luxan na miña mente ofuscada, pola súa gran culpa, traidores!
A miña memoria é un lixo, non a necesito. Será unha lobotomía, a queimarroupa, pam! Un golpe seco. Vou perder a cabeza.
Borrarei as imaxes penduradas das camelias en flor. A [...]
areíñas
Posted in doce on Xullo 25, 2007 | Deixa un comentario »
Esta noite xureille á lúa… para que non marchara. Acordou a noite. Mareas vivas conquistan a mañá e afundo na nenez de xeito que os pensamentos afogan a miña consciencia. Amo, coma quen pisa a area finiña, subtil e morna do temporal. Non sentira entón a treboada que abriu o veo escuro do esquezo. Non [...]
estase perpetua
Posted in agridoce on Xullo 24, 2007 | 1 Comentario »
A calor derrete os xeos dos lacrimais e as bágoas caen no asfalto estéril, mais gota a gota ermo o meu ser que fica preso da dor do solo. Porque a terra subxacente contén os berros da eternidade que vibra a ras dos talóns meus. Este corpo é todo meu e, non embargante, cae vítima [...]